Anceu · Galicia · Rural Hackers

RESIDENCIAS MUSICAIS

Crear música onde a tradición se comparte.

Música de raízGalicia ruralTradición en movemento

Tempo para a túa banda, espazo para ensaiar e unha aldea da que formar parte. Unha residencia no rural galego para desenvolver o teu proxecto e atoparte con quen mantén a música na vida cotiá.

Anceu Coliving, casa de pedra, patio e hórreo
Veciños xogando ás cartas ao aire libre na casa do pobo

01 / A residencia

Rural Hackers Fest 2024

Darlle tempo ao que levas dentro

Reunir toda a banda xa custa. Atopar varios días para traballar xuntos, aínda máis. Entre concertos, traballos e obrigas, moitas ideas quedan agardando.

Queremos facerlles sitio. Que poidades dedicarlle atención a unha canción, probar un arranxo e volver escoitalo ao día seguinte. Con tempo para avanzar e tamén para cambiar de opinión. A creación convive coa vida da aldea e cun territorio no que a música tradicional segue a ser unha forma de atoparse.

Tempo para probar

Compoñer, ensaiar, cambiar de dirección e volver comezar. Sen a présa de ter que amosar algo antes de que estea listo.

Unha casa á que sumarte

Chegar e ter con quen cear. Compartir o que estás a facer con persoas que traballan noutros proxectos. Alongar unha conversa, saír camiñar xuntos e atopar novas referencias na vida cotiá.

Aprender de quen segue a tocar

Hai repertorios que pasan de man en man e maneiras de tocar que se aprenden estando xuntos. Queremos abrir encontros entre quen leva décadas mantendo esa música e quen busca novas formas de interpretala. Escoitar, compartir o que cadaquén sabe e deixar espazo ao que poida xurdir.

02 / O espazo · Anceu

Instalarse, traballar e facer vida xuntos

Anceu é a base da residencia: un coliving rural con cuartos con baño propio, espazos de traballo e unha cociña que convida a quedar de conversa. Ceas compartidas, patio, piscina e camiños polo bosque forman parte do día a día. Un lugar onde concentrarse no proxecto e facer vida con outras persoas.

Espazo de traballo nunha residencia artística en Anceu

EnsaiarO proxecto

Un lugar para baixar o ritmo, tocar, gravar ideas e volver sobre elas todas as veces que faga falta.

Mesa compartida en Anceu

CompartirA casa

A convivencia abre conversas, referencias e escoitas que tamén forman parte da creación.

Grupo de persoas no bosque de Anceu

SaírA contorna

Bosque, paseos e aldeas próximas para tomar aire, volver con outra perspectiva e deixar que o lugar entre na música.

03 / Casas do pobo

Manter aberta a casa do pobo

As casas do pobo gardan unha forma de facer as cousas xuntos: un espazo compartido, decisións colectivas e persoas que se responsabilizan de que siga aberto. A música e a cultura son o que lle dá vida.

Veciñanza reunida diante dun escenario cun mural de cores

Un traballo que continúa

Desde Rural Hackers promovemos a recuperación e dinamización cultural das casas de Anceu e Ventín. As residencias continúan ese traballo xunto ás asociacións e á veciñanza, incorporando encontros musicais á vida destes espazos.

Arquivo fotográfico da memoria e tradición da aldea

Continuar a tradición

As fotos e os recordos destas casas falan dunha cultura que segue viva porque a xente a comparte. Queremos que a música de hoxe se sume a esa historia: escoitar o que chegou antes, poñelo en común e crear novos momentos para a aldea.

04 / A contorna

A tradición segue nas mans da xente

En Anceu, Fornelos de Montes, Gargamala e A Ínsua hai grupos de baile, bandas de música tradicional e persoas que se reúnen para seguir aprendendo e transmitindo o que saben. Somos parte desa vida compartida: recuperamos espazos e traballamos coa veciñanza para que a cultura siga tendo lugar nas aldeas. A residencia nace desas relacións.

Comunidade e residencia artística en Anceu

05 / Experiencias musicais

Música que xa atopou espazo aquí

Facilitar un lugar para ensaiar. Acoller músicos que queren traballar coa comunidade. Estas experiencias dan forma á residencia que estamos a construír.

Gabi Reboredo

Espazo para ensaiar · Casa do pobo

aTorna · Gabi Reboredo

Facilitámoslle a Gabi Reboredo espazo na casa do pobo e aloxamento para ensaiar aTorna. Unha forma concreta de apoiar a creación: abrir un espazo comunitario para que un proxecto poida traballar e avanzar.

Xunto a Adrià Grandia e Gutier Álvarez, aTorna pon en diálogo as tradicións galega e catalá. Voz, percusión, violín, zanfona e electrónica atópanse nunha proposta de libre creación presentada na Fira Mediterrània de Manresa.

Coñecer aTorna
Dúo Raíes, Alessandro Spada e Hugo Sergio Hidalgo Herrera

Residencia en Anceu · 2025

Dúo Raíes · Escola Reina Sofía

Alessandro Spada, ao contrabaixo, e Hugo Sergio Hidalgo Herrera, á viola, desenvolveron en Anceu unha proposta que reúne música clásica e tradicións de Italia e Cuba. Traballaron con agrupacións locais nun encontro colectivo de improvisación, ritmos e participación do público.

A residencia formou parte do seu proxecto práctico de Emprendemento e Innovación Social na Escola Superior de Música Reina Sofía, coa titoría de María Casado. Un exemplo de como a formación musical pode abrirse á vida dunha aldea e construír algo con quen a habita.

Ver o proxecto na Escola Reina Sofía

Fixar / Proxectos acompañados

A música xa nos uniu

A través de Fixar e das residencias Ensaia acompañamos proxectos de artistas vinculados á creación contemporánea desde Galicia. Este traballo forma parte dunha traxectoria máis ampla acompañando procesos culturais desde o rural.

Caamaño&Ameixeiras

Caamaño&Ameixeiras

Música de raíz · Galicia

Catuxa Salom

Catuxa Salom

Folk electrónica · Galicia

Yas de Luaces

Yas de Luaces

Música e investigación · Mazaricos

Zeltia Irevire

Zeltia Irevire

Folk tribal · Compostela

Unha selección de proxectos acompañados a través de Fixar.

06 / A nosa traxectoria

As residencias están no noso ADN

En Rural Hackers acollemos artistas, acompañamos o seu traballo e conectamos os seus proxectos coa vida das aldeas. As residencias musicais continúan ese percorrido.

Culture Moves Europe

Dúas edicións de residencias artísticas internacionais acollidas en Anceu, no marco de Europa Creativa, con financiamento da Unión Europea e xestión de Goethe-Institut.

RURALI-ART

O noso laboratorio de arte e intelixencia artificial en Anceu: creación, experimentación e traballo compartido desde o rural. Proposto provisionalmente nas axudas á acción e promoción cultural 2026 do Ministerio de Cultura.

Institucións vinculadas á nosa traxectoria e programas

Ministerio de CulturaComisión EuropeaGoethe-Institut

07 / Falemos

Fagamos que soe

01

Teño un proxecto musical

Cóntanos que estás a crear e que precisas para dar o seguinte paso.

Falar do meu proxecto